OPOSICIÓNS - Listaxes de persoas opositoras que deberán realizar a proba de GALEGO


07 Xun, 2018

WEB - Listaxes de persoas opositoras que deberán realizar a proba de acreditación do coñocemento de lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos docentes

Para darlle cumprimento ao disposto na base novena da Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia,

Publícase:

Relación de persoas aspirantes do CORPO DE MESTRES  que deberán realizar a proba do coñecemento do galego o día 8 de xuño de 2018, ás 18:00 h., no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, núm. 5 en Santiago de Compostela) ante o Tribunal núm. 1 publicado no portal educativo.

Relación de persoas aspirantes do CORPO DE PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO E DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL ,que deberán realizar a proba do coñecemento do galego o día 8 de xuño de 2018, ás 18:00 h., no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, núm. 5 en Santiago de Compostela), ante o Tribunal núm. 2 publicado no portal educativo."

Listaxe de persoas opositoras non exentas do exame de galego - Primaria

Listaxe de persoas opositoras non exentas do exame de galego - Secundaria