• Noticia destacada

OPOSICIÓNS 2024 - publicación da orde de convocatoria


14 Feb, 2024

DOGORDE do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de EOI, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

>> O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 15 de febreiro de 2024 ata o día 6 de marzo de 2024, ambos incluídos.

>> LIGAZÓN á solicitude e ao procedemento de matrícula (LER DETIDAMENTE)

>> A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude.

>> As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego terá lugar o día 14 de maio de 2024, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e cosistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán ao galego.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE.

Boletín resumo de ANPE