Resultado do sorteo público dos/as vogais que tivo lugar o día 10 de abril de 2024, ás 9.00 horas na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Santiago de Compostela
>> Composición das vogalías do CORPO DE MESTRES que xulgarán o proceso selectivo
>> Composición das vogalías dos CORPOS DE SECUNDARIA e OUTROS que xulgarán o proceso selectivo
7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.
Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro,
- a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2019 ou seguintes
- as que sexan directores ou directoras dun centro
- as que teñan permiso sindical a tempo total
- aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2024 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membros do tribunal
- as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica ou por adopción, por garda con fins de adopción, acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla
- as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida.
Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica ou por adopción, por garda con fins de adopción, acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, ou acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.
7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, na súa falta, nos/nas que o/a sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puider constituírse así o tribunal, acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.