OPOSICIÓNS 2024 - Listaxes provisionais de admitidos e excluidos


08 Abr, 2024

WEB - Publicación das listaxes provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A).

>> O prazo de reclamacións contra estas listaxes é de 10 días hábiles e comeza o día 9 de abril de 2024 e remata o día 22 de abril de 2024 (ambos días incluídos).

>> As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no mesmo procedemento de oposicións si se figura nas listaxes de excluidos ou na de admitidos con erros de exención (ED001A) pero, se non figura en ningunha das listaxes mediante unha solicitude xenérica (PR004A)

AVISO: O persoal aspirante deberá verificar nas listaxes provisorias tanto de persoal admitido como de excluído se figura exento ou non da realización da proba de coñecemento de lingua galega e de lingua castelá. No caso de que figure como NON exento da realización destas probas e se posúe a acreditación do coñecemento destas linguas deberá formular a alegación consonte o establecido nos parágrafos anteriores .