No día internacional da muller, ANPE quere por en valor a educación para a “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”. Lema escollido por Nacións Unidas este ano para recoñecer a contribución das mulleres e das nenas de todo o mundo, que están liderando os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.
En este día tan sinalado, ANPE quere destacar a relevancia do rol desempeñado pola profesión docente en facer efectiva a igualdade de xénero en todos os ámbitos da nosa sociedade e expresar a convición de que a Educación, aínda non sendo a única, é a máis eficaz ferramenta para acadar a igualdade real entre mulleres e homes.
Desde ANPE sentímonos orgullosos do papel xogado pola Educación como eixe transformador do futuro de calquera sociedade que pretenda seguir avanzando en liberdades, dereitos e igualdade para todos, en calquera lugar e situación; así como da preponderante posición alcanzada pola muller dentro do noso colectivo profesional.
En consonancia co lema “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”, tamén queremos visualizar o traballo que desde as nosas escolas, realizan os docentes e o seu alumnado, na loita contra o cambio climático e a explotación indiscriminada de recursos que afecta especialmente, a nivel mundial, ao colectivo de mulleres e nenas na súa vida diaria.
Non será sen embargo suficiente o esforzo realizado polo profesorado, sen un compromiso real das institucións e do conxunto da sociedade, que inspire políticas efectivas a nivel local, autonómico e estatal.