• Noticia destacada

ANPE presenta os resultados da Enquisa para redución da burocracia


25 Xan, 2024

WEB - Resultados da Enquisa sobre Deseño Curricular - primeira fase da Enquisa para a REDUCIÓN DA BUROCRACIA no Ensino Público. 

>> No último trimestre de 2023, puxemos en marcha a primeira fase da enquisa para a redución da burocracia no ensino público galego, centrada no deseño curricular. 

O obxectivo de ANPE, como sindicato asinante do ACORDO, é incluír no "Grupo de Traballo" para simplificación das tarefas burocráticas as achegas REAIS dos e das docentes que participan nestas enquisas. Podes ver ditas achegas na LIGAZÓN da noticia.

>> CONCLUSIÓNS 

Temas fundamentais que debe ser revisados 

  • Simplificar e alixeirar a carga burocrática dos docentes. 
  • Faise moi necesario incrementar o persoal administrativo nos centros educativos liberando de carga burocrática ao profesorado. 
  • Máis liberación horaria para os cargos directivos. 
  • Redución horaria para desenvolver as súas funcións na “tutorías reais”. 

Aspectos que deben simplificarse e axilizarse 

  • PROENS: maior flexibilidade na súa configuración para que o profesorado deseñe a súa programación. Débense eliminar as actas en papel. 
  • O protocolo de absentismo e a xestión das faltas de asistencia do alumnado polo titor: que o sistema avise cando se exceda o límite de faltas 
  • sen justificar. 
  • O protocolo de acoso. 
  • O protocolo dos expedientes sancionadores ao alumnado: recoller as declaracións e conclusións nun único documento. 
  • Os procedementos nos partes por condutas contrarias á convivencia. 
  • Os informes de plans de reforzos de pendentes e repetidores. 
  • O proceso das reclamacións académicas contra as notas obtidas. 
  • A Memoria Anual dos departamentos: moitos datos xa constan en PROENS. 
  • Programas e aplicacións informáticas máis sinxelos e intuitivos. 
  • O exceso de carga burocrática dos docentes Coordinadores de Bibliotecas. 
  • As comunicacións coas familias do alumnado: protocolos e procedementos simplificados. 

O labor fundamental do docente debe ser impartir clase ao seu alumnado. Polo tanto, débese simplificar, axilizar e mesmo eliminar no posible todas aquelas cuestións que vaian en detrimento da súa principal función: a docencia. Somos docentes: o noso traballo é o ensino, non a burocracia. 

Dende ANPE seguiremos traballando para acadar melloras REAIS no sistema educativo actual!