Fondo de Acción Social (FAS)- resolución definitiva de axudas


05 Out, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Podes consultar as listaxes na seguinte LIGAZÓN.

Contra a resolución definitiva dos expedientes as persoas interesadas poderán presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e de- mais lugares establecidos no artigo 16.4 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os recursos deberán dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, andar 2º, 15770 Santiago de Compostela.