25 N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller


25 Nov, 2021

WEB25 N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER .PINTA A EDUCACIÓN DE LARANXA. POÑAMOS FIN A ESTA LACRA

ANPE aposta pola Educación como ferramenta fundamental para erradicar a violencia contra as mulleres Os nosos alumnos necesitan atopar nas aulas, desde os seus primeiros anos, patróns socioculturais non discriminatorios de normalidade e igualdade no relativo ás relacións de xénero. Por este motivo, ANPE destaca o papel que está a desenvolver o profesorado, a través do seu traballo diario nas aulas, para sentar os cimentos de respecto necesarios nas futuras xeracións. Con todo, somos conscientes de que o esforzo exclusivo dos profesionais da educación non é suficiente. É deber e obrigación das administracións e do conxunto da sociedade axuntar esforzos nunha soa dirección e cun único fin: eliminar a violencia contra as mulleres.

O 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde ANPE, sindicato do ensino público, seguiremos defendendo a necesidade de mellorar o clima de convivencia nas aulas como parte da educación integral da persoa día tras día. Unha educación baseada na igualdade dos dereitos e oportunidades de todas as persoas, sen distinción de sexo nin de ningún outro tipo de discriminación, que elimine calquera tipo de violencia en todas as súas formas.