Medida preventiva pola evolución da Covid-19


14 Out, 2020

DOGORDE do 14 outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible

1. Á vista da evolución da situación epidemiolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptase, de modo temporal, a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. 

Tampouco serán aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.