Vixilancia da Saúde Persoal Centros Curso 2019/2020 - Citas previstas


24 Mar, 2020

WEBVixilancia da Saúde Persoal Centros Curso 2019/2020 - Citas previstas

A Consellería informa que nestes momentos de incertidume xerada pola crise sanitaria do COVID-19, e polo que respecta ao desenvolvemento da campaña da vixilancia da saúde do persoal de centros educativos do curso 2019/2020, co gallo de garantir o dereito ao recoñecemento médico solicitado con carácter voluntario pola persoa interesada, manterá o servizo médico alleo contratado para os efectos, sempre que se manteñan as recomendacións das autoridades sanitarias.

Non obstante, ante a prioridade de previr e minimizar calquera posible afección e así poder continuar coa campaña, para aquelas persoas que quixeran modificar a súa cita analítica por verse afectada por estas circunstancias excepcionais dende a declaración do estado de alarma do pasado 14/03/2020, amplíanse as axendas médicas ata finais do curso. A dita modificación poderase facer a través do aplicativo no que solicitaron o recoñecemento médico, sen aplicación do límite de 5 días previos para o caso, e mentres dure o mentado estado de alarma.

Para calquera incidencia técnica deberase poñer en coñecemento para a súa solución ao soporte técnico establecido (UAC) nos teléfono ou correo que a continuación se indica:

881 99 77 01   

uac@edu.xunta.es