ANPE na Reunión do Comité Laboral de Saúde intercentros


22 Dec, 2020

WEB - REUNIÓN DO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL INTERCENTROS -  mero trámite, sen aportar ningunha actuación nin solución polo que, dende ANPE xa presentamos unha denuncia na fiscalía.

Reunido, na mañá de hoxe, o Comité de Saúde Laboral Intercentros da Conselleria de Cultura Educación e Universidade para xustificar máis que para solucionar, destacar que desde ANPE trasladamos neste foro e en todos os que se precien o bo facer de equipos directivos, docentes e alumnos que fixeron que este inicio de curso os centros educativos de Galicia puidesen funcionar con "normalidade".
- Trasladamos as nosas queixas pola mala xestión do persoal vulnerable dos centros educativos cunha total falta de adaptación dos postos de traballo que o requerían así como a insuficiente protección a profesorado de ensinanzas especiais, e máis en concreto, o dos centros de educación especial.
- Presentamos as nosas queixas pola tardanza da posta en funcionamento dos grupos AVA así como pola modificación obrigada pola circular de dixitalización que supón unha nova readaptación do xeito de traballar dos centros unha vez transcurridos catro meses do inicio do curso e cando os centros xa o tiñan totalmente organizado.
- Insistimos na volta ás aulas o día 11 de xaneiro e non o día 8 e solicitamos que o Comité Clínico faga un pronunciamento sanitario e non en base á conciliación familiar como destacou o conselleiro nas súas últimas declaracións.
Desde ANPE noraboa a Comunidade Educativo pola súa responsabilidade e pola súa profesionalidade.