Prazo de inscrición xeral: vinte (20) días naturais (ata o 10 de outubro) a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Precisións dos prazos de inscrición
A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
>> IMPORTANTE:
- Hai dous tipos de recoñecemento médico: xeral (analítica, recollida de mostras e revisión médica) ou xeral + específico (xinecolóxico para mulleres e control próstata para homes)
- Unha vez elexida a modalidade XA NON PODERÁS CAMBIALA.
- So se permiten cambios de provincia, concello, centro, data e hora e por unha única vez.
- Se anulas a cita, perderás o dereito a facela neste curso.
Para calquera aclaración podes contactar con ANPE sindicato independente e te axudaremos!