Campaña de vixilancia da saúde 2023/2024 - últimos días


16 Out, 2023

WEB - Campaña de vixilancia da saúde 2023/2024 para persoal docente e non docente de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (publicada o 25 de setembro)

>>  A inscrición ten carácter voluntario, ( pero recomendable) polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas. A inscrición realizarase de forma telemática no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
 
Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

>> Prazos de inscrición :

Para o persoal nomeado con anterioridade ao 27/09/2023: Do 27.09.2023 ao 16/10/2023.

Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 27/09/2023: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.

Para o persoal substituto: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2023, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data

>> Preguntas frecuentes