ANPE contra a violencia de xénero, paremos esta lacra!


25 Nov, 2019

ANPE contra a violencia de xénero hoxe día 25 de novembro, e todos e cada un dos días ata que acabemos con esta lacra.

 ANPE mostra o seu absoluto rexeitamento ás actitudes e agresións machistas, que desgraciadamente sofren miles de mulleres no noso país. A este respecto, o compromiso do profesorado coa igualdade efectiva entre homes e mulleres así como, a prevención da violencia de xénero, é firme a través da educación en valores como elemento transversal en todas as áreas.

A educación na FAMILIA e no centro escolar é fundamental. Formar aos nosos mozos e propiciar os cambios necesarios que acaben coas actitudes violentas e que promovan relacións de respecto e igualdade. A Educación é cousa de todos, polo que ANPE traslada á sociedade, a imperiosa necesidade de erradicar esta secuela da violencia contra as mulleres, traballando de maneira conxunta na educación dos máis novos.

A responsabilidade non debe recaer só nos docentes, é imprescindible a concienciación dos medios de comunicación, a implicación das familias nunha Educación baseada na tolerancia e o respecto, así como da Administración con todos os medios e recursos necesarios, para a prevención, detección e actuación ante a violencia de xénero.