Volver

Galicia Xul 05, 2019

OPOSICIÓNS 2018 - APTOS na Fase de Prácticas


DOGORDE do 25 de xuño de 2019 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2018).

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), agás a Ana Isabel Molanes González do corpo de mestres, que non puido ser avaliada da fase de prácticas e a Marcos Salgado Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como a Carlos Lixó Gómez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e a Alba Carballo González, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, por ter concedido ambos o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Igualmente se exceptúa a Santiago José Cruz Muñoz do corpo de mestres, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), por ter concedido un novo aprazamento da fase de prácticas.

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras, do corpo de mestres Santiago Eduardo Pato Rodríguez que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) e Vanesa María Villar García que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Cuarto. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras, Noelia María Galán Rodríguez do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés, e María Eulalia Agrelo Costas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas e que foron seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e, acceso ao corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).


#Oposicións #Funcionari@s

Volver