Volver

Galicia Out 03, 2018

Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas aos aspirantes que superaron o proceso de acceso a CÁTEDRAS de música


DOGORDE do 18 de setembro de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de catedráticos de música e artes escénicas as persoas aspirantes que se relacionan no anexo da Resolución do 5 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Segundo. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2018.

Terceiro. Segundo se indica no punto terceiro da citada Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 4 de setembro de 2018, de conformidade co establecido no artigo 39.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que accedan por este procedemento estarán exentas da realización da fase de prácticas.


#Oposicións #Catedrátic@s

Volver