OPOSICIÓNS 2019 - Publicación do persoal aspirante que superou o Concurso - Oposición


23 Ago, 2019

DOGORDE do 31 de xullo de 2019 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Cuarto. As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a documentación que se relaciona na base décimo oitava da Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Sexto. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.