OPOSICIÓNS - ANPE reclama á Consellería as prazas a convocar


28 Out, 2024

WEB - ANPE reclama á Consellería unha Oferta de Emprego Público (OEP) ampla e desglosada para o seu estudo e negociación.

Dende ANPE consideramos que as Ofertas de Emprego Público  deben ser o máis amplas posibles, eliminando a tasa de reposición para que a cobertura das mesmas sexa EFECTIVA e EFICAZ, e dea resposta ás necesidades do sistema educativo galego. 

É necesario coñecer con tempo suficiente o desglose da OEP para que se poida analizar e negociar con responsabilidade.

É necesario que o persoal opositor coñeza esta oferta de emprego público con tempo suficiente para a súa organización.

É necesario unha reforma a fondo do RD de convocatoria e dos temarios que non se abordou.