Días Festivos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019


24 Out, 2018

DOGDECRETO 134/2018, do 10 de outubro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2019.

Respecto dalgunhas destas festas de ámbito estatal as comunidades autónomas teñen facultades de opción e tamén poderán substituír, cando haxa festas estatais que coincidan con domingo, incorporando outras da comunidade autónoma que lles sexan tradicionais.

Conforme o referido anteriormente, e facendo uso das facultades de opción e substitución, óptase polo 25 de xullo, festa de Santiago Apóstolo, como Día Nacional de Galicia, e por coincidir en domingo substitúense o 6 de xaneiro, Epifanía do Señor, polo día 17 de maio, Día das Letras Galegas e o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, polo día 19 de marzo, Día de San Xosé.