Ampliación de materias de libre configuración autonómica para ESO e bacharelato


30 Ago, 2018

DOGORDE do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

1. Os centros docentes, ademais das materias establecidas na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta, na Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta e na Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta, poderán ofrecer, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, as seguintes materias: Sociedade Inclusiva e Coeducación para o Século XXI.

2. A materia de Sociedade Inclusiva poderá ofrecerse no primeiro e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria. O alumnado poderá cursala nun dos cursos segundo a oferta establecida polo centro docente. De acordo co establecido no artigo 3.2 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria dun período lectivo semanal.

3. A materia de Coeducación para o Século XXI poderá ofrecerse no primeiro curso de bacharelato. De acordo co establecido no artigo 3.4 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria de dous períodos lectivos semanais.

4. Os requisitos para a oferta das materias por parte dos centros docentes serán os establecidos no artigo 4 da Orde do 15 de xullo de 2015.

5. Como anexo a esta orde inclúese o currículo das novas materias de libre configuración autonómica sinaladas nos puntos 2 e 3 deste artigo.