Instrucións para a AVALIACIÓN de DIAGNÓSTICO 4ºEP e 2º ESO


23 Feb, 2024

DOGRESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

>> 4º de educación primaria: competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Francés e Inglés. ( os referentes no anexo II do Decreto 155/2022, do 15 de setembro)

>> 2º de educación secundaria obrigatoria: competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Alemán, Francés, Inglés e Portugués. ( os referentes para a valoración no anexo II do Decreto 156/2022, do 15 de setembro)

A aplicación das probas da avaliación de diagnóstico realizarase os días 10 e 11 de abril de 2024.

Os centros docentes deberán rematar a corrección e gravación de datos das probas o día 22 de abril.

>> O persoal docente que forme parte das comisións de coordinación da avaliación de diagnóstico nos centros educativos como ao persoal docente seleccionado que auxilie a devandita comisión e que participe activamente na coordinación, aplicación, corrección e/ou gravación dos datos das probas da avaliación de diagnóstico recoñeceránselle 20 horas de formación.

>> LIGAZÓN á toda a información na web