• Noticia destacada

Revisión médica anual para o persoal dos centros docentes


01 Out, 2024

WEBCampaña de vixilancia da saúde 2024/2025 para persoal docente e non docente de centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

>> A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. Dende ANPE aconsellamos facela entre outras razóns por posibles adaptacións dos postos de traballo, comisións de servizo, incapacidades etc.

>> Prazos de inscrición :

  • Para o persoal substituto: do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2024, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
  • Para o persoal nomeado con anterioridade ao 27/09/2024: do 27/09/2024 ata o 16/10/2024.
  • Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 27/09/2024: do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.

>> A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

Preguntas frecuentes