>> Prazo de inscrición: Ata o 22 de xullo de 2024, inclusive.
>> Solicitude de participación, única e para unha soa modalidade, a través da aplicación Fprofe (https://www.edu.xunta.gal/fprofe)
>> Resolución do 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos co procedemento.
- Persoal docente funcionario de carreira e interino.
- As licenzas por formación poden ter carácter retribuído ou non retribuído.
- Modalidades retribuidas:
Modalidade 1. Proxectos para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais
- Submodalidade 1.a. Proxectos individuais: 3 meses
-
Submodalidade 1.b. Proxectos de grupos de traballo de dous ou tres membros: de 1 a 3 meses
Modalidade 2. Proxectos individuais ou en grupos de dous a tres membros para a creación ou a remodelación de cursos non presenciais para a formación do profesorado
-
Submodalidade 2a. Ten por obxecto a creación de cursos novos non presenciais de formación do profesorado, ou a remodelación dos xa existentes dentro do modelo competencial da Rede de formación de 1 a 3 meses
-
Submodalidade 2b. Cursos semipresenciais en réxime oficial para diferentes niveis e linguas nas EEOOII, que se elaborarán en Platega e impartiranse en aulas virtuais de webs dinámicas: de 1 a 3 meses.
Modalidade 3. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para os cursos de especialización das ensinanzas de FP. A duración desta modalidade será de mes e medio, e desenvolverase entre o 15 de setembro e o 31 de outubro de 2024.
3. Licenzas non retribuídas.
- Submodalidade 4.a. A realización de estudos de carácter académico conducentes á obtención de titulacións universitarias de grao ou equivalente, doutoramento ou máster universitario.
-
Submodalidade 4.b. Realizar proxectos ou actividades orixinais e inéditas, realizados de maneira individual.
Para calquera dúbida, contacta con ANPE