>> Prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte desta publicación no portal educativo, para presentar as reclamacións ou renuncias oportunas.
>> Resolución provisional do procedemento
Tanto as reclamacións como as renuncias deberán enviarse á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A) pondo no ASUNTO: Reclamación ou Renuncia e cubrindo os seguintes apartados coas alegacións e xustificación, de ser o caso.
Comproba os puntos a alegar na convocatoria: LIGAZÓN
Para calquera dúbida, contacta con nós.