Licenzas por Formación - resolución definitiva


07 Set, 2023

WEBResolución definitiva das Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario.

>> Anexo co persoal participante

>> Resolución do 7 de setembro de 2023 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o ano 2023 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

>> Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no portal educativo (http:www.edu.xunta.gal/portal), segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ALEGACIÓNS DE ANPE na comisión:
-    Apoiamos a posta en marcha de actividades formativas para axudar ao persoal na elaboración dos proxectos.
-    Facemos constar o escaso número de licenzas outorgadas. Partindo de que o número de meses que se ofertaban na convocatoria era de 500, finalmente foron concedidos 216, o que supón que máis da metade das licenzas quedaron desertas. A isto debemos anotar que a maioría das persoas que non conseguiron a praza foi por non obter a puntuación mínima requirida no proxecto, aínda que moitas delas quedaron a poucas décimas de acadala, de ahí a importancia desas futuribles actividades de formación das que falou a administración para que non queden en papel mollado e se leven adiante para que non haxa excusas para non cubrir o 100% das prazas.