>> Anexo I: Relación provisional de persoas solicitantes propostas para integrar no corpo de PES
>> Anexo II: Relación provisional de persoas solicitantes excluídas para integrar no corpo de PES
O prazo será o comprendido entre o día 9 de marzo ata o 22 de marzo de 2023.
>> Procedemento:
a) Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica (https://sede.xunta.gal) unha solicitude de participación no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "alegacións" e no campo de alegacións do documento sinalar Resolución provisional do 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.
b) Para aquelas persoas que non presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo código de procedemento: ED021A
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN Resolución provisional de 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.
- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.