Reforma das pensións - modificacións do EBEP e de Clases Pasivas


17 Mar, 2023

WEBReal Decreto-lei 2/2023, do 16 de marzo, de medidas urxentes para a ampliación de dereitos dos pensionistas, a redución da brecha de xénero e o establecemento dun novo marco de sustentabilidade do sistema público de pensións.

Este novo Real Decreto modifica, na súa disposición final primeira, o texto refundido da Lei de Clases Pasivas do Estado, engadindo un novo apartado 7, nos termos seguintes:

>> 7. Para determinar que pensións ou suma de pensións dos proxenitores ten menor contía computaranse ditas pensións tendo en conta o seu importe inicial, unha vez revalorizadas, sen computar os complementos que puidesen corresponder. Cando ambos proxenitores sexan do mesmo sexo e coincida o importe das pensións computables de cada un deles, o complemento recoñecerase a aquel que solicitase en primeiro lugar a pensión con dereito a complemento.

 Aclárase, con esta nova regulación, como deben calcularse as pensións dos respectivos proxenitores para determinar cal delas é máis alta a efectos de acreditar os requisitos esixidos para obter o complemento por brecha de xénero, e como se resolverá no suposto de coincidencia dos importes.

Respecto a este complemento, aplícase, tamén, aos empregados públicos, o incremento adicional do 10% para o bienio 2024-2025.

A disposición final cuarta, á súa vez, modifica da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no seu artigo 49.e), que regula o permiso por coidado de fillo menor, afectado por cancro ou outra enfermidade grave. Esta modificación permite que se poida recoñecer o dereito á redución de xornada, ata que a persoa a cargo cumpra os 23 anos, tamén cando xa cumpriu os 18 anos, sempre que a enfermidade fose diagnosticada antes de alcanzar a maioría de idade.

Así mesmo, permite manter o dereito á redución de xornada ata que a persoa a cargo cumpra os 26 anos se, antes de alcanzar os 23 acredita, ademais, un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

 

ANPE, Sindicato Independiente