Relación provisional de integrados e excluidos no proceso de PTFP a PES


08 Mar, 2023

WEBResolución do 7 de marzo de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente.
 

>> Anexo I: Relación provisional de persoas solicitantes propostas para integrar no corpo de PES

>> Anexo II: Relación provisional de persoas solicitantes excluídas para integrar no corpo de PES

>> Anexo III: Relación provisional de persoal PTFP en servizo activo a 19/01/21 e nomeado PES dende 19/01/21 e antes do 10/11/22

>> Anexo IV: Relación provisional de persoal PTFP en servizo activo a 19/01/21 e xubilado con data anterior ao 10/11/22

O prazo será o comprendido entre o día 9 de marzo ata o 22 de marzo de 2023.

>> Procedemento:

a) Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica  (https://sede.xunta.gal) unha solicitude de participación no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "alegacións" e no campo de alegacións do documento sinalar Resolución provisional do 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.

b) Para aquelas persoas que non presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED021A, para formular a dita reclamación deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

- No campo código de procedemento: ED021A

- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN Resolución provisional de 7 de marzo de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.