Regulación da integración do profesorado de PTFP a PES


05 Out, 2022

BOE - Real Decreto 800/2022, do 4 de outubro, polo que se regula a integración do profesorado do Corpo, a extinguir, de Profesores Técnicos de Formación Profesional no Corpo de Profesores de Ensino Secundario, e modifícanse diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinos non universitarios.

Anexo I: Especialidades docentes de Secundaria

Anexo II: Especialidades docentes de profesorado especialista

Modificación do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, aprobado polo Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro.

Para o ingreso no Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional:

a) Estar en posesión da titulación de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico ou o título de Grao, Licenciado ou Licenciada, Enxeñeiro ou Enxeñeira e Arquitecto ou Arquitecta, correspondente ou outros títulos de Técnico Superior de Formación Profesional declarados equivalentes, a efectos de docencia.
b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica de Técnicos Superiores ou equivalente.»

Disposición adicional única. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia para o ingreso en determinados corpos.

Para o ingreso no Corpo de Profesores de Ensino Secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V ao presente Regulamento, poderán ser admitidos quen, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.

Para o ingreso no Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional, para as especialidades que se detallan no anexo VI ao presente Regulamento, poderán ser admitidos quen, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha titulación de Técnico Superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. Os títulos declarados equivalentes a Técnico Superior a efectos académicos e profesionais, serán tamén equivalentes a efectos de docencia.