A organización do bacharelato en catro modalidades:
1. Artes, que á súa vez se organiza na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño, e na vía de Música e Artes Escénicas.
2. Ciencias e Tecnoloxía.
3. Humanidades e Ciencias Sociais.
4. Xeral, que supón unha novidade respecto á anterior lei educativa.
Así mesmo, regúlase a posibilidade da organización do bacharelato en tres anos académicos.
Os centros docentes disporán, nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación, as medidas organizativas para que as alumnas e os alumnos cuxas nais, pais ou persoas titoras legais, ou o propio alumnado, no caso de ser maior de idade, non optasen por cursar ensinanzas de relixión reciban, de ser o caso, a debida atención educativa. Para tal finalidade, os centros docentes contarán cunha sesión lectiva de libre disposición en cada un dos cursos do bacharelato.
Queda derrogado o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establecen o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, será de aplicación no segundo curso do bacharelato durante o curso académico 2022/23.