WEB - Novo curso escolar marcado por unha demografía menguante que debera supor unha BAIXADA de RATIOS e NON unha redución de profesorado
Galicia agrava a súa crise demogràfica, cifrando en máis de 9.000 a perda de escolares entre o actual curso e os precedentes marcados pola pandemia.
O descenso da natalidade debería ser unha oportunidade para que a educación pública galega se reinventase e fose capaz de ofrecer un ensino acorde aos tempos en que vivimos máis xusto, equitativo e de calidade cunha baixada de ratios e non aproveitala para seguir reducindo profesorado. No mundo globalizado no que estamos inmersos parece que non hai cabida para os diferentes, para os que non siguen o ritmo, pero a realidade de esta globalización leva tempo advertindo de que cada vez nos atopamos con máis diversidade na aula que non debe ser soamente recollida, con sorte, nun informe; senon que precisa de menos alumnado por aula e de máis profesorado. É cuestión de sentido común, basta xa de xustificar que temos ratios baixas comparando con outras CCAA.!
Desde ANPE Galicia afrontamos este curso coa esperanza de atoparnos cunha Administración Educativa máis receptiva e negociadora que a que atopamos estes últimos anos, nos que parece que o àrea de cultura co seu "'Xacobeo" copou o esforzo dos seus dirixentes en detrimento do área educativa.
Desde ANPE estamos á espera, despois da reunión mantida co Conselleiro de Educación a finais do curso pasado, para abrir un proceso de negociación sobre os temas tratados na devandita reunión, iniciando as mesmas cos tres temas fundamentais que nese encontro trasladámoslle:
1. Redución de ratios.
2. Volta á carga horaria do profesorado de 18 horas en secundaria e 21 en infantil e primaria.
3. Redución da burocracia educativa que asfixia o noso traballo diario inmerso nun "mar de papeis" inútiles.
Dende ANPE emprazamos á Administración Educativa Galega á apertura de negociacións á volta de vacacións coincidindo co inicio do novo curso escolar recordándolle que o resto de comunidades xa avanzaron significativamente nestas e outras cuestións.