A Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e doutras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións modifica a Lei de Clases Pasivas.
No BOE do 29 de decembro, e con entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2022, publicouse a Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e doutras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións. Entre as novidades máis destacadas que introduce esta norma, con respecto ao Réxime de Clases Pasivas do Estado, está o novo método de revalorización das pensións, en función do IPC dos 12 meses previos a decembro do ano anterior. Con todo, naqueles anos con IPC negativo o importe das pensións non variará.
É a aplicación deste método, a que determina a revalorización do 2,5% respecto do importe de 2021.
Doutra banda, respecto a xubilación prorrogada, para as pensións do Réxime de Clases Pasivas de Estado que se causen a partir de 1 de xaneiro de 2022, establécese a posibilidade de que o interesado poida optar, entre a obtención dunha porcentaxe adicional do 4 por cento por cada ano completo de traballo efectivo que acredite con posterioridade ao cumprimento da idade de xubilación; ou unha cantidade a tanto alzado por cada ano completo de traballo efectivo acreditado e cotizado desde a data de cumprimento da idade de xubilación; ou unha combinación das dúas opcións anteriores.
Asesoría Xurídica ANPE