Nomeamento como Funcionario/as de carreira por aprazamento da fase de prácticas


25 Xan, 2020

BOEOrde EFP/54/2020, do 15 de xaneiro, pola que, a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, noméase funcionario de carreira do Corpo de Mestres a don Santiago Eduardo Pato Rodríguez.

Por Orde do 4 de abril de 2016, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia («Diario Oficial de Galicia» do 18), publicada mediante Resolución do 7 de abril de 2016 no «Boletín Oficial do Estado» do día 19 de abril, convocou procedemento selectivo de ingreso ao Corpo de Mestres e procedemento para a adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mencionado Corpo.

Nomear funcionario de carreira do Corpo de Mestres, especialidade de Lingua estranxeira: Inglés, a don Santiago Eduardo Pato Rodríguez, con número de Rexistro de Persoal *** 868513 A0597, documento nacional de identidade **** 8685, quenda 01 e unha puntuación de 8,3408.

BOEOrde EFP/55/2020, do 15 de xaneiro, pola que, a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, noméanse funcionarios de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, a determinados aspirantes seleccionados nos procedementos selectivos convocados por Orde do 7 de abril de 2017.

Concluídas todas as fases do citado procedemento selectivo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, por Orde do 25 de xuño de 2019 (DOG do 5 de xullo), declara aptos na fase de prácticas e aprobados no mesmo, a determinados aspirantes que por ter concedido aprazamento para a realización da fase de prácticas, non foran avaliados co resto dos seleccionados.

Nomear funcionarias de carreira do Corpo de Secundaria, especialidade de Inglés a dona Noelia María Galán Rodríguez con NRP **** 200268A590, quenda 01 e unha puntuación de 7.0270

e na especialidade de Lingua e Literatura Galega a dona María Eulalia Agrelo Costas con NRP ****747502A590, quenda 1 e unha puntuación de 6,7449.