Volver

Galicia Mai 06, 2019

Eleccións 26 de maio - Dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia


DOGORDE do 25 de abril de 2019 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 26 de maio de 2019 polo Real decreto 209/2019, do 1 de abril, polo que se convocan eleccións locais e ás asembleas de Ceuta e Melilla, e polo Real decreto 206/2019, do 1 de abril, polo que se convocan eleccións de deputados ao Parlamento Europeo.

 O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 26 de maio de 2019, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

1. O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

2. As/os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non desfrutan nese día de descanso semanal.

O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 26 de maio poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral; é dicir, desde as cero horas do venres 10 de maio de 2019 ata as vinte e catro horas do venres 24 de maio de 2019. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada consellería.


#ANPE Informa #Normativa

Volver