Prevese que as pensións contributivas suban un 3.8% en 2024


04 Dec, 2023

WEB - A publicación do dato adiantado do IPC polo INE anticipa que as pensións se revalorizarán un 2,8% en 2024.

A Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e outras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións, establece que a subida das pensións debe ser acorde co Índice de Prezos ao Consumo (IPC) medio dos 12 meses previos a decembro de 2022 (de decembro do 2021 a novembro de 2022).

Publicado polo Instituto Nacional de Estatística o indicador adiantado do IPC, á espera da súa confirmación o próximo 14 de decembro, pódese prever unha revalorización das pensións contributivas en torno ao 3,8%.