Volver

Galicia Xun 28, 2019

Docentes no exterior - Resolución definitiva de Asesores técnicos


BOEResolución do 21 de xuño de 2019, da Subsecretaría, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de asesores técnicos no exterior, convocado por Resolución do 16 de novembro de 2018.

O profesorado que resultou adscrito debe realizar un curso de formación que terá lugar os días 4 e 5 de xullo, en xornada de mañá e tarde, que dará comezo ás 09:00 horas

Ao profesorado adscrito seralle de aplicación o réxime económico contido na base décima da convocatoria, estando, así mesmo, obrigado a cumprir o réxime de dedicación indicado na base décima da citada convocatoria. Este profesorado debe remitir a documentación que se detalla a continuación:

1. Ao Servizo de Habilitación Exterior do Ministerio de Educación e Formación Profesional, para os efectos de ser incluídos na nómina de persoal deste Departamento, a liquidación de haberes que lles debe ser expedida pola súa Administración educativa de orixe.

2. Ao Servizo de Xestión de Persoal Docente da Subdirección Xeral de Persoal, unha fotocopia do último trienio que teñan recoñecido.

Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á data da súa publicación un contencioso - administrativo. Así mesmo, a presente resolución poderá ser recorrida potestativamente en reposición, no prazo dun mes e diante o mesmo órgano que a ditou.

 


#Exterior #Funcionari@s

Volver