Convocatoria de seccións bilingües en Europa central, oriental e China


14 Mar, 2024

WEB - Convocatoria para profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Europa central, oriental e China para o curso 24/25

>> Resolución da convocatoria

A través deste programa pódese obter unha praza de docente de distintas materias en Seccións Bilingües de español de centros de ensino regrado non universitario en Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia en primaria e secundaria.

Mediante este programa, o profesorado exerce durante un máximo de seis anos en centros –na súa maioría de ensino secundario- de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia en condicións laborais análogas ás do profesorado do país que se establecen mediante un acordo co Ministerio.

Nas convocatorias -abertas tanto ao profesorado funcionario como ao non funcionario- recóllense os requisitos de experiencia docente e titulación esixidos para cada país.

En todas as seccións impártese Español como Lingua Estranxeira e na maioría de países, ademais do currículo propio do país, cúrsanse a materia de Lingua e Cultura españolas e outras materias en español que varían segundo o país.

O Ministerio outorga axudas económicas ao profesorado español participante, facilita formación e material didáctico aos centros e financia a organización de diversos certames e concursos.

>> Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con ANPE: exterior@anpe.es  ou 626 300 849