>> O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
>> As solicitudes poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4).
- Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en Psicopedagoxía; doutoramento, licenciatura ou grao en Pedagoxía ou en Psicoloxía; doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 (Publicacións, ler este punto da orde para saber cómo facer correctamente estas alegacións)
**** O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados xeral entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.