CXT 23/24 - Resolución provisional de adxudicación ORIENTACIÓN


15 Feb, 2024

WEB Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

 >> O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia (so persoal con participación voluntaria) á participación obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

>> Adxudicación provisional

>> Relación provisional de persoas excluídas do concurso específico de Orientación

 

 COMO RECLAMAR O BAREMO
1.-Prazo ata o 29/2
2.-Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/ 
3.- Elixe concurso: Menú Participación --> Instancia--> Reclamar Baremo 
4.- PULSA en RECLAMAR BAREMO na instancia ASINADA e PRESENTADA
5.- RECLAMAR no/s apartado/s correspondente/s
6.- Finalizar: GARDAR e VOLVER
7.- Pulsar sobre RECLAMACIÓNS --> BUZÓN DE INFORMES--> DESCARGAR PDF
8.- Sede Electrónica --> Buscar instancia de participación--> ACCIÓN --> ALEGACIÓNS
9.- Cubrir instancia --> ACHEGAR O PDF E ENVIAR

COMO RENUNCIAR (só para o persoal que participa voluntariamente): 
1. Prazo ata o 29/2
2. Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/ 
3. Elixe concurso e Renuncia: Menú Participación-->pe de páx --> marcar "Renuncia ao concurso"
4. Descargar PDF e gardalo.
5. Ir á Sede electrónica--> instancia de participación ED013A -->“Acción”--> “Renuncia”.
6. Cubre o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debes subir o documento pdf de Renuncia xerado e gardado.

7.  Premer no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.