WEB - Tras a negativa da conselleira a calquera tipo de negociación pola recuperación do horario lectivo previo a " crise": 18 horas en secundaria e 21 horas en primaria, a resposta das organizacións sindicais vai ser contundente.
Así, esta mañá en Santiago membros de todos os sindicatos con representación no ensino (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF) anunciaron o CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS a levar a cabo nas próximas semanas antes de que se aproben os Orzamentos Xerais da Xunta para 2020.
- 13 de novembro: unha marcha-concentración arredor de San Caetano dos delegad@s sindicais que finalizará cunha concentración fronte ás instalacións da Consellería de Educación.
- 21 de novembro: concentracións unitarias nas sete grandes cidades galegas para amosar o profundo malestar e cansanzo dos docentes galegos ante os recortes sufridos nestes dez últimos anos. ENLACE
- 12 de decembro: FOLGA XERAL