Últimas prazas - VII Xornadas do Ensino en A Coruña


22 Out, 2019

WEB - VII Xornadas do Ensino - "Educación e Redes: uso responsable".  (HOMOLOGADA)

Celebraranse en A Coruña, os días 15 e 16 de novembro na Fundación Paideia ( Pza de Mª Pita, 17) en horario de 17 a 21 horas o venres e de 10 a 14 horas o sábado.

ENLACE á preinscripción (dende o 22 de outubro ata esgotar prazas).

PROGRAMA

Mais información en acoruna@anpe.es ou no 981271915 ou 651866058

Está destinado a persoal docente e opositores de todos os corpos de ensino non universitario interesados en usar de maneira segura e responsable as tecnoloxías de aprendizaxe e do coñecemento.

Ademáis de coñecer os protocolos de actuación para a mellora da convivencia, identificar sinais de alarma para recoñecer posibles víctimas e agresores e distinguir a tipoloxía de acoso e o seu tratamento.
Establecer o marco de dereitos e deberes dos docentes e determinar as súas responsabilidades nos ámbitos administrativo, civil e penal.
Achegarse á investigación de delitos na internet relacionados con menores.

Ponentes

  •  José Antonio Vázquez Taín, xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor. Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
  • Antonio Caaveiro Rodríguez, Oficial de Policía do Grupo de Delicuencia Tecnolóxica da Brigada Provincial da Policía Xudicial de A Coruña.
  • Mª Isabel Barreiro Gundín, Funcionaria do Corpo de Mestres. Foi asesora na Consellería de Educación, Universidade e F.P., etapa na que participou activamente na elaboración do “Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. Ten participado como ponente en actividades de formación para equipos directivos, anpas e profesorado en xeral sobre atención á diversidade, orientación e convivencia. Na actualidade está a traballar na elaboración de programas da Consellería para a mellora da convivencia nos centros educativos.
  • Julio Díaz Escolante, Presidente de ANPE Galicia
  • Julio C. Trashorras de la Fuente, Vicepresidente de ANPE Galicia e coordinador do Defensor do Profesor