Proxectos de formación para o profesorado de FP 2019/2020


04 Out, 2019

WEB - Proxectos de formación para o profesorado de FP 2019/2020

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2019 – 2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Esta modalidade de formación desenvólvese nos propios centros educativos, favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Convocatoria

Anexos I, II e III

Anexo IV

Prazos - 2 fases

Destinatarios

Poderá participar nesta convocatoria o profesorado que teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional, ou que exerza a xefatura dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional, e que estea destinado nalgún centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou noutros pero que forme parte do cadro de persoal desta consellería.

 Liñas de traballo

Innovación tecnolóxica e científica Innovación didáctica

Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial

Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento

Plurilingüismo na formación profesional.

Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de FP

Organización e xestión.

Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional.