ANPE sempre na DEFENSA do ENSINO PÚBLICO


27 Set, 2019

WEB -  ANPE sempre en DEFENSA do ENSINO PÚBLICO!

A Consellería de educación publicou no DOG do 26 de setembro a "ORDE do 12 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20"
NA ORDE PÓDESE OBSERVAR A QUE FINS PODEN IR DESTINADAS ESTAS AXUDAS E AS CUANTÍAS, DEIXÁMOLO A CONTINUACIÓN:
"Artigo 11. Finalidade das axudas. As axudas reguladas nesta orde poderán empregarse, en atención das necesidades do
centro, para os seguintes fins:
1. Por unha contía máxima de 300.000 euros (artigo 17.1 e 17.2) para:
a) Contratación de persoal complementario: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a, educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, educador/a social, intérprete de lingua de signos e coidador/a.
b) Reparacións, mantemento e obras ou instalacións menores de contía non superior ao 15 % da axuda.
c) Compra de material específico ordinario non inventariable.
2. Por unha contía máxima de 60.000 euros (artigo 17.3 e 17.4) para:
– Compra de material inventariable específico para a atención de alumnado con necesidades de apoio educativo."

COMO BEN SABEDES, O ENSINO PÚBLICO CARECE DE FIGURAS QUE OS CONCERTADOS SÍ VAN PODER CONTRATAR CON ESTAS AXUDAS ( logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico/a, educativo/a, psicólogo/a, pedagogo/a, traballador/a social, educador/a social, intérprete de lingua de signos e coidador/a.). En todas as provincias a maioría dos centros públicos necesitarian máis persoal, e persoal especializado para axudar no proceso de aprendizaxe a alumnos con necesidades. De feito hai centros nos que se acumulan ata 5 ou 6 alumnos con descoñecemento total do idioma galego e do español, co cal o proceso educativo vese totalmente lastrado, dificultando e moito incluso a integración deste alumnado e moitos máis casos de alumnado que necesitan tamén do apoio de persoal especializado.
PERO PARA O ENSINO PÚBLICO A CONSELLERÍA NON TEN CARTOS, PREFIRE DESTINALOS AOS CENTROS CONCERTADOS, MENTRES TANTO, OS DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO TEMOS QUE REDOBRAR ESFORZOS PARA MANTER A CALIDADE DO ENSINO QUE AMAMOS QUE É O PÚBLICO.
ANPE DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO, SEMPRE NA DEFENSA DO NOSO ENSINO, O PÚBLICO.