Para iso, utilizaremos as medidas de presión que consideremos oportunas. O 11 de decembro reclamaremos na rúa, tanto ao Goberno como ás aseguradoras, unha solución que dea tranquilidade e calma para a súa asistencia sanitaria ao arredor de 1,5 millóns de persoas. Ademais, esixiremos máis transparencia por parte do Goberno e da propia mutualidade en todo este proceso.
Denunciamos a unhas aseguradoras insaciables que, co argumento de que o modelo MUFACE está “infrafinanciado”, queren aumentar os seus beneficios económicos á conta do Estado e de “a selección de riscos”, é dicir, de derivar á sanidade pública os casos máis graves e caros de atender, poñendo en risco a saúde das persoas mutualistas e beneficiarias. Reclamamos ás aseguradoras a necesidade de alcanzar un acordo, priorizando a debida atención sanitaria das persoas mutualistas. E ao Goberno que poña unha solución clara sobre a mesa que dea certezas e garantías a quen actualmente están na entidade mutualista, ou as medidas que fagan falta para evitar o colapso da sanidade pública.
>> Convidamos a todas as persoas a participar das mobilizacións convocadas polas organizacións sindicais asinantes o próximo 11 de decembro frente ás delegacións de MUFACE.