WEB - Dende ANPE levamos anos insistindo na necesidade de negociar as vacantes de secundaria do CXT previo coñecemento dos criterios empregados pola administración e esixindo un procedemento común nas catro provincias galegas co fin de que se poideran cubrir con persoal definitivo nos centros. Solicitamos que constaran en acta ditos criterios e que se enviaran ás Xefaturas de Inspección das catro provincias para que nos vindeiros anos poidan ser empregados os mesmos criterios evitando así a descoordinación e diferenciación entre provincias.
ACTA da sesión do 9 de abril de 2019
Criterios empregados pola Administración para a determinación das vacantes a ofertar no concurso de traslados para os corpos de profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de formación profesional son os seguintes:
Primeiro. Horario necesario para a oferta de vacantes.
- A primeira vacante ofertarase, con carácter xeral, con 14 horas lectivas, computándose, para estes efectos, as horas de redución por xefatura de departamento.
- A segunda e seguintes vacantes ofertaranse sumando ás 14 horas ao horario lectivo establecido en 20 horas para o persoal funcionario docente pertencente aos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, en aplicación da Orde do 4 de xuño de 2012 pola que se modifica o artigo 4 da Orde de 23 de xuño de 2011 pola que seregula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente.
- Poderán ofertarse vacantes cun horario inferior ao establecido nos subepígrafes 1 e 2 nos centros de liña 1 e nos departamentos unipersoais.
- Poderán ofertarse vacantes cun horario inferior ao establecido nos subepígrafes 1 e 2 naquelas especialidades nas que, polo número de horas das especialidades existentes nos centros, se demore en exceso no tempo a obtención do primeiro destino definitivo polo profesorado en expectativa de destino.
Segundo. Planificación educativa.
As vacantes que se oferten deberán ter o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.
Terceiro. Cómputo do horario.
De conformidade co establecido no punto anterior, e sempre dentro do cupo asignado a cada centro, para determinar as horas existentes en cada especialidade computaranse as horas:
- de todas as materias troncais e específicas da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato que se impartan no centro,
- as horas de todas as materias de libre configuración autonómica da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato que se impartan no centro,
- de Valores Éticos da Educación Secundaria Obrigatoria,
- do ámbito lingüístico e social dos Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se impartan no centro,
- do ámbito científico e matemático dos Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se impartan no centro,
- do Ámbito de linguas estranxeiras dos Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se impartan no centro,
- dos desdobramentos de grupos que se estean a realizar no centro,
- dos programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas que se estean a realizar no centro,
- do ámbito científico-tecnolóxico das ensinanzas da ESO de adultos,
- do ámbito de comunicación das ensinanzas da ESO de adultos,
- do ámbito social das ensinanzas da ESO de adultos,
- de todas as materias do bacharelato de adultos que se impartan no centro,
- dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade da Formación Profesional Básica,
- dos módulos profesionais de Ciencias aplicadas da Formación Profesional Básica,
- da dedución horaria pola Xefatura de Departamento e aqueloutras que puideran estar atribuídas con carácter permanente a unha especialidade,
- dos módulos profesionais de Formación Profesional Básica,
- dos módulos profesionais da Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior do réxime ordinario,
- dos módulos profesionais de Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior do réxime de adultos,
- dos módulos profesionais de Formación Profesional do Grao Medio e do Grao Superior da ensinanza a distancia,
- dos módulos profesionais de Formación Profesional Dual,
- unha previsión dos módulos profesionais atribuídos a cada especialidade na oferta modular,
- o módulo profesional de lingua estranxeira,
- o módulo profesional de segunda lingua estranxeira,
Cuarto- Cando o persoal funcionario docente non poida completar o seu horario lectivo impartindo docencia nas materias, ámbitos ou módulos profesionais atribuídos á súa especialidade no Real Decreto 1834/2008 do 8 de novembro, en aplicación do artigo 8 da Orde do 23 de xuño de 2011, pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, completará o seu horario impartindo docencia noutras materias ou módulos profesionais, coa seguinte prioridade:
- Materias ou ámbitos atribuídos a outra especialidade da que sexa titular.
- Materias ou ámbitos para os que teña atribuída competencia docente, de conformidade co establecido no artigo 3 do Real Decreto 1834/2008 do 8 de novembro, modificado polo Real decreto 665/2015 do 17 de xullo.
- Materias atribuídas a unha especialidade á que tería acceso en función dalgunha titulación que se posúa, de conformidade coa orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Outras materias que a xefatura de estudos determine, en función da organización do centro
En relación cos módulos profesionais resultará de aplicación o artigo 20 do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, e o artigo 30 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.
Quinto- Os criterios que figuran no punto Primeiro deste anexo serán de aplicación, coas necesarias adaptacións, ás demais especialidades docentes das ensinanzas de réxime especial.