OPOSICIÓNS 2019 - Tribunais de acreditación de coñecemento da lingua galega e castelá


29 Mai, 2019

WEBComposición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019

Resolucións de 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres  da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e a proba de acreditación de coñecemento de lingua castelán nos citados procedementos selectivos.

Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega

Data: 7 de xuño de 2019
Hora: ás 18:00 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelán

Data: 7 de xuño de 2019
Hora: ás 17:00 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)