Mediante a Orde do 4 de decembro de 2018 (DOG do 14 de decembro), convocouse o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
O artigo 17 da devandita orde fai referencia aos requisitos, formación e habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores, establecendo no seu punto 2 que as persoas habilitadas poderán actuar como persoal asesor e avaliador nas comisións de avaliación, e deberán ser nomeadas en cada convocatoria, polo que esta dirección xeral
RESOLVE:
Facer público o nomeamento dos asesores e das asesoras que participarán no proceso de acreditación de competencias disposto pola Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, e a súa vinculación coas comisións de avaliación segundo figura no anexo desta resolución.