O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxas de reposición é de 1.122.
O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á estabilización de emprego temporal para o ano 2019 é de 666.
Corpo de mestres: 770
Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 138
Corpo de profesores de ensino secundario: 834
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 30
Corpo de profesores de música e artes escénicas: 16
Prazas de promoción interna > Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 276
Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
****As solicitudes de participación nos procedementos selectivos presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Disposición adicional única. Adquisición doutra especialidade
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá, ademais, convocar o procedemento para que os funcionarios docentes de carreira que dependan directamente dela poidan acadar unha nova especialidade dentro do corpo a que pertencen.