>> PRAZO: do 24 de agosto ao 20 de setembro
>> DOCUMENTACIÓN:
- CERTIFICADO MÉDICO acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia (aceptarase tamén un informe médico)
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
- DECLARACIÓN RESPONSABLE de que non foi separada mediante expediente disciplinario do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitada para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo XII a esta convocatoria, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.
O anexo debe cubrirse completo (MARCAR AS CASILLAS QUE CORRESPONDA E ASINARSE)