- Horario do ciclo formativo
1. Os centros que, polas súas características específicas ou polas dos ciclos que impartan, precisen unha modalidade horaria especial poderán ser autorizados polo departamento territorial correspondente, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, respectando, en todo caso, a distribución por curso e o número de horas totais dos módulos e dos ámbitos.
3. Os centros integrados de formación profesional, dentro do marco da autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión recollida no artigo 41 do Decreto 77/2011, do 7 de abril, presentarán para cada curso académico unha proposta de desenvolvemento das actividades formativas, de conformidade co artigo 2 da Orde do 29 de xullo de 2011.
Horario do profesorado de centros públicos
1. Cando as características horarias dos módulos ou dos ámbitos para os que o profesorado de cada departamento teña atribución docente non permitan completar, na asignación inicial de módulos ou ámbitos, o horario lectivo legalmente establecido, as horas que falten deberanse dedicar a outras actividades lectivas, segundo as indicacións do director ou a directora do centro, tales como realización da titoría da formación na empresa ou organismo equiparado ou da titoría do módulo de Formación en centros de traballo e do módulo de Proxecto, e/ou colaboración na súa coordinación e no seu desenvolvemento, impartición de módulos, ámbitos ou materias afíns doutros departamentos, actividades de reforzo ou recuperación do alumnado do propio departamento, apoio á docencia noutros niveis, participación nalgún proxecto docente ou complementario incluído na programación xeral do centro, e ademais, no caso do profesorado dos centros integrados de formación profesional, as actividades formativas e as accións que se encadren dentro do seu ámbito de competencias.
- A redución horaria para as persoas responsables da titoría de ciclos formativos, establecida no artigo 84 da Orde do 1 de agosto de 1997, poderá ser de ata tres horas semanais.
Desde ANPE esiximos á administración que dote aos centros educativos do profesorado imprescindible para garantir unha educación pública de calidade. Abonda xa de medidas que só funcionan sobre o papel: a realidade diaria nas aulas é insostible e está moi lonxe do que se reflicte nos plans oficiais.